O desenvolvemento do neno é un proceso complexo. Algúns dos seus aspectos (aspecto motor, cognitivo, motivacional, etc.) atópanse interrelacionados, inflúense mutuamente e están condicionados polo medio no que ten lugar o desenvolvemento.

Así comeza un dos principais libros da nosa biblioteca. Isto é o que de dicía Emmi Pikler cando falaba do desenvolvemento dos e das nenas. Para nós é tan importante, que consideramos primordial o movemento libre nas crianzas.

¿Que precisamos para que os nenos vaian pasando polas distintas etapas?

Moi sinxelo, e o más importante é que é algo que todas podemos facer posible: ter confianza e un ambiente preparado. Un espazo no que as pequenas e pequenos podan moverse e experimentar co seu corpo os movementos, as texturas, os sons… un espazo coidado e sobretodo non perigoso no que moverse e xogar, e dicímosvos de verdade que pasarán cousas.

O movemento terá lugar de forma espontánea e autónoma, o neno chegará a posicións por sí mesmo, crede que isto pasa, non precisa que os adultos os coloquemos en ningunha posición porque todo chegará.

Pode ser que penses que isto é un acto de fe, de verdade que si. Confiade e, sobretodo, observade.

×