A nosa forma de entender o traballo é a través de colaboracións, por iso ofrecemos o noso espazo para os proxectos afíns ó noso, para promovelos e compartilos xuntas.
O centro dispón dun espazo para desenvolver as actividades semanais. Se tes un proxecto en mente ou xa en marcha, cres que pode encaixar coa filosofía de Vagalume e queres vir a levalo a cabo ó noso espazo, non dubides en contactar con nós e vir a ver o centro. Nós estudaremos túa proposta e nos poñeremos en contacto contigo para concertar unha entrevista e contarche como funcionamos.